Entra en funcionamento a demandada depuradora de Xaviña, en Camariñas

1 minutes read

O Concello de Camariñas rematou a construción da demandada depuradora de Xaviña, unha obra financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña que contou cun orzamento total de 65.219,71 euros e que permitirá prestar un servizo básico para a cidadanía.

Este xoves a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, realizaron a recepción desta nova infraestrutura, que xa está lista para entrar en funcionamento.

Desde agora os veciños e veciñas desta parroquia xa poden solicitar os enganches á rede de sumidoiros. No Sixto xa pode facerse de forma directa e, en función das solicitudes que se reciban, irase despregando pouco a pouco a rede.