Este axente é unha das dúas persoas que quedaron en liberdade tras pasar ao dispor do Xulgado de Instrución número 1 de Carballo, aínda que permanecen como investigados por delitos contra a saúde pública e pertenza a banda criminal. As outras cinco persoas ingresaron en prisión provisional. A investigación, que segue aberta, permitiu constatar que estas oito persoas dedicábanse a vender estupefacientes a consumidores habituais da comarca, polo que se chegou a incautar pequenas cantidades de droga aos compradores. Cinco dos sete detidos teñen relacións familiares, o que leva ao Instituto Armado a presumir a existencia de «unha estrutura organizativa estable para delinquir». A investigación continúa aberta á espera dos resultados das análises ás substancias comisadas, aos móbiles intervidos e á documentación solicitada.
15