A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou este domingo na entrega de premios da XXXIII Regata Mar de Fisterra e o VII Trofeo Pitusa Sabín, uns eventos organizados polo Real Club Náutico de Portosín que contribúen achegar a náutica recreativa ao conxunto da cidadanía e a impulsar este sector en Galicia. Os galardóns veñen a recoñecer os resultados obtidos nas dúas xornadas de regatas desenvolvidas esta fin de semana, nas que participaron arredor de 25 embarcacións combinando probas deportivas entre trazados costeiras e mangas ao vento.
Esta regata tamén puntúa para a VI Regata Rey Juan Carlos e é ademais a segunda a ter en conta de cara o Trofeo Presidente Xunta de Galicia. Na xornada do sábado os barcos de clase regata e cruceiro-regata completaron un percorrido de 40 millas náuticas pola costa e os da clase cruceiro realizaron unha travesía de 10 millas polo interior da ría de Muros e Noia. Este domingo celebráronse dous percorridos ao vento, de tipo barlovento-sotavento, de máis de seis millas cada un.