Entregados os premios Exceleite 2020

1 minutes read

Os premios Exceleite teñen como finalidade recoñecer aos gandeiros máis comprometidos co seu traballo e, polo tanto, coa calidade do leite que producen nas súas explotacións. Así, estes galardóns distinguen ás granxas en tres categorías en función do seu tamaño (pequenas, medianas e grandes) e, á súa vez, estas subdivídense en tres grupos segundo o sistema de produción (intensivo, semiextensivo ou extensivo). Tamén se recoñecen de xeito específico as mellores explotacións ecolóxicas.

  • Na categoría de ecolóxico o premio ouro foi para a Granxa Casa Codesal, de friol.
  • Na categoría extensivo para a Ganadería Sinesio, de Curtis.
  • Na categoría semiextensivo, para Marcial Vilariño, de Mesía.
  • Na categoría intensivo, para Antonio Sufuentes, de Guntín.

A estes premios optaron todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e que estiveran dadas de alta no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi) e, no caso das ecolóxicas, no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Polo tanto, os gañadores pasaron uns controis serios e rigorosos levados a cabo por profesionais do Ligal, veterinarios e técnicos da Consellería, e que dan mostra do comprometidos que están coa calidade do seu produto. Os premios foron entregados polo conselleiro do Medio Rural, José González.