Escapóuselle a remontada ao Calvo Xiria en Canarias, (32-27)

1 minutes read

Disputábase a xornada 7 en Primeira Nacional, a cita estaba servida ás 21:00 horas, hora local, no polideportivo Juan Vega Mateos, nas Palmas. O conxunto carballés medíase en Canarias ao Km13 Balonmán Gáldar. O equipo local comezou anotando no primeiro minuto e marcou a superioridade cun parcial de ata cinco goles no primeiros oito minutos, pero non se descolgou o conxunto que dirixe Adrián Dubra, boas intervencións en ataque de Cancela, Chimpo e Castiñeiras. O empate chegou ao descanso sobre a bucina de man de Figueiras, 16-16.

A segunda parte comezaba como a primeira, con xogo igualado, pero dominio local no luminoso, unha renda de dous a tres e ata cinco goles que o Calvo Xiria non daba revertido no ecuador desta segunda metade. Unha boa defensa local marcaba a distancia e o equipo carballés perdia de sete a falta de cinco minutos para terminar o encontro, 29-22. O Gáldar non cedía e o Xiria puxo o broche final desde os sete metros, pero non foi capaz de remontar a igualada que lograba ao descanso, 32-27.