Alemaña amplía o confinamento federal ata o 14 de febreiro, con novas normas que obrigan a levar máscaras nas tendas e no transporte público. O total de vítimas mortais en Alemaña ascende a 47.000 mentres que os contaxios exceden os 2 millóns.
Reino Unido alcanzou o seu récord diario de falecementos por covid-19, ao rexistrar outras 1.610 mortes relacionadas coa enfermidade nas últimas 24 horas, a cifra máis elevada desde que estalou a pandemia, segundo datos oficiais divulgados este martes. Segundo A Oficina Nacional de Estatísticas só en Inglaterra ao redor dunha de cada oito persoas tiña anticorpos contra o coronavirus en decembro do pasado ano, o que equivale ao 12 % da súa poboación.
Italia reportou 603 mortes diarias por coronavirus, mentres que o reconto diario de novas infeccións chegou a 10.000. Italia rexistrou máis 83.000 mortes polo virus en total, a segunda taxa máis alta de Europa e a sexta máis alta do mundo.
China está a construír un enorme centro de corentena de Covid-19 para frear os crecentes brotes. A instalación, con máis de 1.700 habitacións, será o suficientemente grande como para trasladar pobos enteiros en caso de focos descontrolados.
California converteuse no primeiro estado de EE. UU. en rexistrar máis de 3 millóns de infeccións confirmadas, mentres lida cunha onda de casos sen precedentes que deixou desbordados aos hospitais.