Escola Basket Xiria colabora coa Cruz Vermella nunha nova campaña de recollida de xoguetes

1 minutes read

Un ano máis a Escola Basket Xiria colabora na recollida de xoguetes (non bélicos, non sexistas) coa Cruz Vermella de Carballo.

Cruz Vermella, co eslogan «Os seus dereitos en xogo – Coa túa axuda, teñen moito que aprender», tentará facer realidade o desexo que temos todas e todos de que tódolos nenos e nenas da contorna reciban un agasallo este Nadal.

Por mor da situación sanitaria, os xoguetes poderán entregarse directamente na oficina da Cruz Vermella de Carballo ata o 23 de decembro en horario de luns a xoves de 9 a 14h e de 16 a 18h e os venres de 9 a 14h.

A área social da Escola Basket Xiria sempre sensible, implicada e solidaria coas causas que fomenten a igualdade e apoio ás familias na mellora da súa calidade de vida, tamén colaborará poñendo varias persoas voluntarias do club a disposición da Cruz Vermella na tarefa de envolver os regalos.