Escolas Balonmán Xiria informa da situación post-covid na entidade

1 minutes read

Escolas de Balonmán Xiria emitiu un comunicado tras a realización de máis de 80 PCRs negativas logo da detección de dous casos positivos de Covid-19 entre os seus monitores dúas semanas atrás.

Desde a entidade sinalan que tanto os monitores afectados como unha nena asintomática illada se atopan en bo estado de saúde e están a realizar a corentena nos seus domicilios mentras reciben o seguimento oportuno polas autoridades sanitarias.
O resto das persoas implicadas rematan esta semana a corentena preventiva que lle foi indicada.
Despois de analizar con detalle os resultados, conclúen que os protocolos de seguridade e
saúde que se están a aplicar na entidade están sendo efectivos. No que aos adestramentos se refire, non houbo contaxios internos entre @s nos@s deportistas.

No entorno das Escolas de Verán, na que participaron en total 126 nen@s, eses 3 casos illados non levaron a transmisión interna. Afirman que seguen a traballar para adaptar os protocolos á cambiante situación sanitaria actual e que as Escolas Balonmán Xiria sexan un entorno seguro para @s xogador@ e participantes das actividades.
Ademais queren transmitir o seu agradecemento ás familias e ao SERGAS pola colaboración mostrada desde o primeiro momento. A actividade do clube reactivarase a vindeira semana.