O prazo para solicitar as axudas deste ano por parte de particulares, ás que se destinan 1,5 millóns de euros, está a punto de rematar. De feito, o último día será o 29 de xuño. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante caldeiras que utilicen biomasa como combustible. A contía será dun 50% cun máximo de 8.000 euros por proxecto.
Dado que as axudas se outorgan por orde de solicitude ata o esgotamento do crédito, nestes momentos xa se concederon un total de 237 axudas que recibirán 960.000 euros en apoios. Ademais, hai 378 entidades adheridas.
Con esta liña de axudas, o Goberno galego segue avanzando no seu obxectivo de fomentar o uso de enerxías renovables, neste caso nos fogares, coa importante redución de custos enerxéticos que supón fronte a outro tipo de enerxías.