España alcanza unha asignación financeira da UE 2021-2027 de case 60.000 M€


A Comisión Europea aprobou o Acordo de Asociación de España 2021-2027 para a recepción de 36.682 millóns de euros de fondos europeos. Un acordo que é complementario cos obxectivos e fitos recollidos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), que impulsa a transformación do modelo produtivo do país. Destes 36.682 millóns de euros, 35.562 millóns corresponden aos fondos da política de cohesión da UE, onde España é o terceiro maior beneficiario no período 2021-2027, só por detrás de Polonia e Italia. Esta asignación repártese en 23.397 millóns de euros do FEDER, 11.296 millóns do FSE+ e 869 millóns do FTJ. A estas cantidades súmanse 1.120 millóns de euros asignados a España para o FEMPA. En conxunto, o Acordo de Asociación supón un investimento total de 59.722 millóns de euros. A suma dos fondos incluídos no Acordo supón un incremento do 15% respecto a os obtidos no período 2014-2020.