40
O Ministerio de Pesca aumenta a cota da sardiña para 2020. España e Portugal comunicáronlle á Comisión Europea que este ano ambos países van capturar máis de 19.000 toneladas. 6.400 serán para os barcos españois. É o dobre do que se prevía ao comezo da costeira.
As avaliacións científicas amosan unha recuperación das pobacións de sardiña e tamén de bocarte e xurelo. O aumento vai beneficiar os barcos do cerco do Cantábrico e noroeste, do Golfo de Cádiz e as frotas artesanais. Sen dúbida unha moi boa nova as portas do San Xoán.