O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, e o secretario de Estado do Mar de Francia, Hervé Berville, reuníronse e analizaron posibles vías de colaboración en temas de interese pesqueiro para ambos países e, en concreto, o regulamento da Comisión Europea sobre ecosistemas mariños vulnerables. No encontro, o ministro explicou que España traballa na presentación dun recurso contra este regulamento ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, por consideralo inxusto e desproporcionado. Tamén sinalou que o ministerio segue a evolución da actividade pesqueira da frota afectada por esta normativa, tanto a nivel de capturas como de desprazamentos de esforzo pesqueiro para ter un coñecemento preciso do seu impacto socioeconómico. Neste encontro quedou de manifesto a boa sintonía entre ambos os países na defensa das cuestións de interese pesqueiro para ambos, como a próxima negociación dos Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas de pesca para 2023, que se debaterá no Consello de Ministros da UE no mes de decembro.
32