24
A selección feminina de baloncesto demostrou que son as grandes dominadoras do basket continental tras pasar por encima de Francia na final (86-66) para revalidar o seu título europeo, o terceiro en catro anos. Na final non foi só a vitoria das de Mondelo, foi o como. Ante a potente selección gala, España deu unha exhibición que foi o perfecto colofón a un torneo no que non afectaron ao equipo nin as importantes baixas nin unha suposta falta de fame ante as constantes vitorias deste grupo. Son xa sete medallas consecutivas que deixan claro que este equipo só ten un teito, o que marca a imbatible selección de Estados Unidos.