España lidera a vacinación en Europa

0 minutes read

Tras ser un dos países máis golpeados pola pandemia, España sitúase á fronte de Europa na vacinación. O 60% da poboación está xa inmunizada coa pauta completa. Un 72% ten polo menos una das doses. Só Malta está por diante e Portugal iguala a cifra. A media da Unión Europea é moi inferior, 61,5%. No país non se rexistraron protestas como en París ou en Roma pola obrigatoriedade de inxectarse para algúns traballadores, xa que non foi necesario ningunha imposición.. Tamén se aceptou sen oposición o pasaporte covid.