España métese nos oitavos de final do Mundial Feminino de Fútbol

1 minutes read

A selección española de fútbol feminino xogará os oitavos de final dun Mundial por primeira vez na historia. Tras empatar (0-0) ante China, as de Vilda asegurasen a segunda posición do Grupo B e métense entre as 16 mellores seleccións na súa segunda participación nunha Copa do Mundo.

España foi dona do encontro e tentouno durante os 90 minutos, pero non foi capaz de tombar a muralla que levantaron as chinesas na súa área. Gozou a selección das mellores ocasións, pero a falta de acerto e a gran actuación da porteira chinesa, Peng, acabou levando a España a asinar un empate que lle serve igualmente para certificar o billete a oitavos, o gran obxectivo antes de empezar o Mundial.