A Comisión Europea autorizou este xoves 340 millóns de euros de anticipo correspondentes aos préstamos da Addenda e proximamente aprobará outros 1.043 millóns de euros de prefinanciación das transferencias non reembolsables adicionais que tamén inclúe a Addenda. Desta forma, España inicia a segunda fase dos fondos europeos que permitirá seguir avanzando nas transformacións do modelo produtivo para adaptalo aos retos do século XXI. En especial, estes recursos adicionais destinaranse a reforzar os proxectos estratéxicos postos en marcha (PERTE) para fortalecer a autonomía estratéxica nos ámbitos enerxético, agroalimentario, industrial, tecnolóxico e dixital. A Addenda do Plan de Recuperación, que foi aprobada polo Consello de Ministros o pasado mes de xuño e recibiu o visto e prace da Comisión en outubro, permitirá mobilizar máis de 10.000 millóns de euros en transferencias adicionais e ata 83.000 millóns en préstamos dos fondos Next Generation EU e RepowerEU.
25