España recorre ante o TXUE o regulamento sobre a pesca en augas profundas

1 minutes read

O Goberno de España interpuxo este luns ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (UE), mediante rexistro telemático, o recurso de anulación contra o Regulamento de Execución 2022/1614 da Comisión Europea que prohibe a pesca en 87 áreas da plataforma atlántica en profundidades comprendidas entre 400 e 800 metros, consideradas como ecosistemas mariños vulnerables.

Desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación considerouse a veda da pesca nas zonas fixadas polo regulamento como desproporcionado e inxusto por non contar coa información científica máis actual dispoñible, non contar cun informe de impacto e vulnerar, desta forma, os principios da Política Pesqueira Común (PPC) que establece o necesario equilibrio, nas decisións que se adopten, entre a protección da biodiversidade mariña e o mantemento da pesca sostible.

A demanda, que pola súa complexidade técnica requiríu un intenso e coordinado traballo entre os servizos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o Instituto Español de Oceanografía e a Avogacía do Estado, pon de relevo as deficiencias de fondo e de forma nas que incorrería a Comisión Europea na elaboración deste acto de execución.