España retira a fragata ‘Méndez Núñez’ do grupo de combate de EE UU no golfo Pérsico


O Goberno en funcións ordenou a «medida temporal de retirada da fragata Méndez Núñez (F-104) do Grupo de Combate do portaavións estadounidense Abraham Lincoln mentres este se atope na zona de Oriente Medio», segundo informaron fontes oficiais do Ministerio de Defensa.

A decisión, aínda que «temporal», a recado provocará a tensión diplomática entre o Goberno de Pedro Sánchez e Donald Trump pois este buque da Armada Española era un dos escoltas do portaavións Abraham Lincoln, que o pasado xoves atravesou a Canle de Suez e que agora se dirixía ao estreito de Ormuz para entrar no golfo Pérsico.

A ministra de Defensa, Margarita Robles, ordenou a retirada temporal da fragata Méndez Núñez con 215 mariñeiros a bordo, dado que España non quere verse arrastrada involuntariamente a un conflito con Irán.