España suspende os voos co Reino Unido

1 minutes read

Era unha crónica anunciada que finalmente se consumou. Tras a reunión do mecanismo de crise da Unión Europea que analiza os efectos da nova cepa do coronavirus detectada no Reino Unido, decidiu pedir que se eviten as viaxes non esenciais, suspendendo as conexións co Reino Unido, a excepción de nacionais españois e residentes en España.

A decisión tomouse logo de que se expuxera en Bruxelas a necesidade de tomar medidas coordinadas, que neste caso se foron adoptando de xeito concertado tamén con Portugal e suporá un reforzo dos controis no paso fronteirizo con Xibraltar.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, mantivo unha conversa sobre estas decisións comúns co primeiro ministro luso Antonio Costa. Así mesmo, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, dialogou coa ministra portuguesa de Sanidade, Marta Temido.