‘España ten carácter’ | Felipe VI realizou a ofrenda ao Apóstolo por terceiro ano consecutivo

1 minutes read

O rei de España Felipe VI e a raíña Letizia, acompañados da princesa Leonor e a infanta Sofía, realizaron este luns a Ofrenda ao Apóstolo por terceiro ano consecutivo (a cuarta que realiza o monarca). Felipe VI iniciou a Ofrenda cun recordo especial para as persoas afectadas polos incendios forestais e reivindicando o «carácter» que ten España para superar as dificultades e saír adiante. Ademais destacou «a complexidade da situación actual» que vive o país, tamén a nivel económico, pero convencido de que seguirá sen dobregarse porque «España ten carácter» e os valores de «un pobo responsable, decidido, forte e solidario» ao que nunca lle faltou «ambición nin coraxe». Felipe VI Tamén se referiu á invasión rusa de Ucraína, ao avogar por manter todos «unidos» os «valores cívicos, culturais e espirituais» do Camiño de Santiago nesta etapa no que «o horror da guerra reaparece no vello continente» porque «a paz debe marcar o norte do noso compás. Agora e sempre», concluíu.

Familia real española, na Catedral de Santiago, na ofrenda ao Apóstolo.