- Ademais coincidindo o evento co Día Mundial sen Alcohol, ten presenza un stand informativo no que pode retirarse un folleto que recolle todos os programas que ofrece a Unidade de Condutas Adictivas, sempre de forma gratuíta, garantindo a confidencialidade e dunha maneira totalmente voluntaria.
O I Encontro Médico de Bergantiños ten lugar no Pazo da Cultura de Carballo, dende as 9 da mañá, hai unha charla baixo o lema ¿A que se dedican algúns dos médicos bergantiñáns?, nela participan os doutores Jesús Herranz González-Botas (Otorrino), María José García Antelo (Neuróloga), Gloria Fraga Rodríguez (Pediatra) e Pablo Miramontes González (Internista), que farán unha reseña do que están a facer no seu día a día..
As 10:30, o profesor e historiador carballés Xan Fraga Rodríguez da unha conferencia cunha visión histórica e social da medicina en Carballo a finais do século XIX e principios do XX.
Logo, unha conferencia maxistral sobre humanismo do Dr. Alfonso Solar Boga, Medalla de Ouro e Brillantes do Colexio de Médicos e Pediatras, responsable de Gastroenterología pediátrica do Hospital Teresa Herrera de A Coruña.
Seguramente a parte máis emotiva deste encontro terá é ás 12:15 horas cunha homenaxe a unha figura histórica da medicina e a colaboración social en Carballo, como foi o desaparecido médico carballés Eduardo Mariño.
A clausura está prevista para as 13:30 horas, de seguido un xantar de confraternización no restaurante Punta del Este.
A organización do evento corre a cargo dos Drs. Alejandro Ávila Álvarez e Juan Carlos Díaz del Valle, ademáis do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, coa colaboración do Concello de Carballo.