9
Como cada ano, a chegada da primavera significa ter que cambiar a hora dos nosos reloxos. Na madrugada deste sábado 28 de marzo ao domingo producirase este cambio nos reloxos de dispositivos como teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes, tendo que cambiar a man os reloxos analóxicos e dixitais. Deberemos adiantar unha hora, isto significa unha hora menos de soño, pois ás 02.00 a.m. pasarán a ser as 03.00 a. m. Este cambio adoita provocar alteracións nos ciclos de soño das persoas, pois deben espertarse antes do que acostuman para continuar coa súa rutina diaria.