Autorizada a terceira dose da vacina de Pfizer nos Estados Unidos, para os maiores de 65 anos

1 minutes read

Estados Unidos autoriza a terceira dose da vacina de Pfizer para os maiores de 65 anos e as persoas en risco fronte ao virus. O Goberno debate se este será o comezo dunha terceira rolda de vacinación. A dose de reforzo da vacina contra a covid recibiu luz verde. Para os maiores, as persoas con condicións médicas sensible e aquelas que traballan en primeira liña sanitaria. O Centro de Control e Prevención de Enfermidades confirmou este xoves que o efecto da vacina diminúe aos poucos meses. Sobre todo entre as persoas maiores. Por agora poderase administrar só a vacina de Pfizer. Aínda que Johnson & Johnson declarou que unha segunda dose reforzaría a protección ata un 97 %. Estados Unidos acumula as doses, mentres o mundo en desenvolvemento está moi por detrás na campaña de vacinación. O cociente de vacinación en África, da primeira dose, é só do 10 %.