Estamos en nivel máximo de restricións


Peche perimetral de todos os concellos, polo menos durante as próximas tres semanas. A mobilidade restrinxirase, polo tanto, ao municipio en que se resida. Non se poderá entrar nel nin saír agás por cuestiones laborais, educativas ou sanitarias. Prohíbense tamén as reunións de non conviventes. Só se poderá saír á rúa con quen se conviva.

Pecha toda a hostalería. Bares e restaurantes non poderán nin atender en terraza. Só poderán abrir para servir produto para levar ou para entrega a domicilio. Esta restrición non afecta os comedores dos centros de traballo, que poderán seguir abertos.

A actividade comercial que non sexa esencial ten que pechar ás seis da tarde. A medida afecta tamén os establecementos de beleza.

Os centros comerciais, terán que adiantar a hora de peche e non poderán abrir nas fins de semana. Os servizos esenciais, coma farmacias, talleres e supermercados, poderán seguir abrindo ata as nove e media da noite, media hora antes do toque de recollida. Pechan os ximnasios e a práctica deportiva deberá ser individual, ao aire libre e sempre con máscara.

Cerran tamén as bibliotecas, museos e espectáculos, os clubs sociais e os centros de xubilados. Seguirán interrompidas as visitas os doentes, agás menores ou dependentes.

Para reducir a interacción social e a mobilidade, o presidente da Xunta chama a impulsar o teletraballo e a autoconfinarse na medida do posible. Núñez Feijóo fai un chamamento tamén á responsabilidade individual, asegura que as cifras de contaxios diarios son inasumibles e que estas medidas son o único xeito de lograr reducir a presión hospitalaria e superar a terceira vaga, agravada ademais pola irrupción de novas variantes do virus.