Este domingo cambia a hora. En que che afecta?


Coa primavera chegan as flores, o sol e o cambio de hora. Esta fin de semana, na madrugada do 30 ao 31, ás dúas serán as tres. O obxectivo de adiantar a hora e quedarnos co horario de verán é aproveitar mellor a luz natural pola tarde. Pero, como nos afecta?

No ámbito da cronobioloxía existen estudos que demostran que sufrimos cambios no noso organismo, sendo o efecto máis notorio a alteración do sono. Os días son máis longos e hai máis luz natural, e por conseguinte existe un menor descanso nas horas de sono. Por este motivo, moitas persoas móstranse máis irritables, sofren máis hemicrania e mesmo poden ter ansiedade.

O cambio de hora tamén pode provocar falta de rendemento intelectual e físico, polo que ao estar fatigados, rendemos menos e baixa nosa produtividade no traballo. Afortunadamente, estes efectos son transitorios e desaparecen cando o corpo se afai.

A adaptación horaria segue sendo un debate en Europa, onde atrasaron esta práctica ata o 2021. Os países deberán elixir con que horario quedar, se co de verán, ou co de inverno.