Este martes aprobarase unha rebaixa do 50% no alugueiro de bares e comercios

1 minutes read

O Goberno español aprobará este martes en consello de ministros unha rebaixa do 50 por cento no alugueiro de locais de hostelería e comercio. A medida forma parte do plan especial de rescate para estes sectores. Quen rexente un bar, restaurante ou comercio poderá ver reducido á metade o alugueiro que paga polo local, sempre e cando este pertenza a un gran propietario, aqueles que teñen máis de dez inmobles urbanos. Será o propietario quen deba aplicar a rebaixa. Con iso preténdese paliar en parte as medidas de peche que se están dando como consecuencia das limitacións impostas pola pandemia.