Este martes faleceron cinco residentes do centro DomusVi de Cangas

dpm.

Un total de cinco residentes do xeriátrico DomusVi de Cangas faleceron ao longo deste martes, dous no mesmo centro e outros dous no hospital, informaron fontes da Xunta. A cifra de usuarios deste centro contaxiados por coronavirus elévase a 108, e a de traballadores, a 17. Esta residencia e a de Barreiro (Vigo), tamén rexentada por DomusVi, son as dúas primeiras que interveu a Xunta ante a evolución dos contaxios nas últimas xornadas. A Xunta agarda coñecer os resultados dos tests de coronavirus que se fixeron nas residencias DomusVi de Vigo e Cangas para empezar a trasladar os anciáns a outros centros. Onde máis casos detectados hai é na de Cangas.