Este martes terán lugar na Costa da Morte novas concentracións contra a guerra

1 minutes read

Convocadas pola Plataforma Galiza pola Paz, as concentracións contarán co apoio do BNG Costa da Morte e BNG Bergantiños.

Haberá mobilizacións en máis dunha trintena de localidades galegas. Na Costa da Morte, a concentración transcorrerá na Praza Castelao de Corcubión, ás 20 horas. E na comarca de Bergantiños, será na Praza do Concello de Carballo, tamén ás 20 horas.

Nestas mobilizacións farase un chamamento para apostar por unha paz real, construída sobre o respecto á soberanía dos pobos, que implica deixar en paz os pobos de Irán, do Líbano, da Palestina, de Cuba, de Venezuela… E que esixe o fin de toda agresión militar e de todo bloqueo.