Este sábado arrinca unha nova edición do Curruncho Pop en Carballo

1 minutes read

A Biblio Rego da Balsa acollerá o primeiro dos concertos dunha nova edición do Curruncho Pop, outra das propostas coas que Concellaría de Cultura pretende potenciar a biblioteca municipal como espazo de acollida de todo tipo de manifestacións culturais: no Curruncho 2020 volverán confluír música en directo e literatura musical.

Este ano estará Huguette Periscal, Maraya Zydeco e Blues Chico na apertura este sábado, xunto ao autor de Comer y cantar. Soul Food & Blues, Héctor Martínez González. O 28 de marzo será o turno do ex Duncan Dhu Diego Vasallo. En maio haberá outro dobrete con Carlos Rego e Magín Blanco. E remátase en xuño con Little Niño.

A entrada a todos os concertos será de balde, pero, debido ás limitacións do aforo, será preciso reservar con anterioridade a través do teléfono 981 758 580. Só se reservarán un máximo de catro pases por persoa.