Malpica | Este sábado, en Seaia, nova edición da Cea das Letras

1 minutes read
  • Durante a celebración darase a coñecer o fallo do xurado do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Volve unha das citas gastronómica-cultural máis consolidas da provincia da Coruña. A Cea das Letras, organizada polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón, celebrarase este sábado, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Seaia. Ademais, durante o evento darase a coñecer o fallo do xurado do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas; e Ricardo Seixo presentará o seu libro ‘Na república da intimidade’.

A música tamén estará presente coas actuacións das Cantareiras de A.C. Raigañas e Farrapos.

As persoas interesadas en asistir a esta nova edición da Cea das Letras, que conta co apoio da Deputación da Coruña, deberán reservar praza chamando á entidade Caldeirón (649 507 285) ou ao Concello de Malpica (981 707 104). O custo da entrada é de 20 euros.