- Trátase dunha proba federativa oficial que terá lugar no pavillón municipal larachés a partir das 10 horas
Este sábado o pavillón municipal da Laracha acollerá a segunda fase de niveis libres, do 4 ao 10, de patinaxe artística que organiza o CP Conxuro. Será de 10 a 14.20 horas. Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de 100 patinadores de 12 clubs da provincia da Coruña: CP Patiart , CP Velúa, CP Aura, CP Buxaina, CP Lenda, CD Fervello, CPA Costa da Morte, CPA Inercia, CP Alquimia, Club Compañía de María, Escola Lubiáns, e o CP Conxuro A Laracha.
A proba está convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e Deporte Galego entre outros.