Estudan a posibilidade de implantar un polígono agroforestal para viñedo en Valga

1 minutes read

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, mantivo un encontro telemático co alcalde de Valga, José María Bello, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipio pontevedrés relacionadas co agro. Entre os temas tratados, acordaron buscar unha zona idónea para desenvolver un polígono agroforestal dedicado ao cultivo de viñedo para a indicación xeográfica protexida Barbanza e Iria. Neste senso, a implantación desta ferramenta de recuperación e posta en valor da terra, que contempla a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, permitirá poñer en produción unha área de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadou co paso do tempo un estado de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha actividade agrícola ou forestal na zona.