Ethel Vázquez estará este martes en Ponteceso

1 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informará dos avances nos trámites administrativos do proxecto da nova senda na estrada AC-424 no Couto. A información será ofrecida na Casa do Concello de Ponteceso.

Cabe destacar que a conselleira é filla do primeiro alcalde da democracia na vila de Pondal, o independente Manuel Jesús Vázquez Barca. Ethel naceu en Ponteceso fai pouco máis de 50 anos e estudou EXB no colexio Eduardo Pondal da vila. Cun perfil máis técnico que político é enxeñeira técnica superior de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña.