Ethel Vázquez estará hoxe en Laxe

1 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, visita Laxe este xoves, onde supervisará o  resultado das obras de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada AC-429, entre o núcleo de Laxe e o paseo marítimo. Este novo itinerario de preto de 800 metros une a zona deportiva, educativa e de lecer de Cabo da Area, centro de equipamentos do municipio, coa propia vila de Laxe. Trátase dunha senda diferenciada para peóns e ciclistas, en formigón coloreado, para que sexa máis facilmente visible e identificable polos condutores. Esta actuación forma parte do Plan de Sendas da Xunta para a comarca de Bergantiños, cofinanciadas con Fondos FEDER 2014/2020, e que recolle preto de 11 km de itinerarios peonís e ciclistas.