Eurocopa Feminina | España sofre para superar a Dinamarca


España estará nos cuartos de final da Eurocopa feminina 2022 tras gañar por 1-0 a Dinamarca cun gol de Marta Cardona no minuto 90, á contra, sentenciando un marcador que lle valía para meterse na seguinte fase. As de Jorge Vilda sobrepuxéronse aos nervios, ás ocasións de Harder no primeiro tempo e á seca de máis de 180 minutos que Cardona rompeu cun cabezazo inapelable cando Dinamarca aínda cría no gol da vitoria.