Evacuada de urxencia unha muller tras caer nunha rúa de Carballo

0 minutes read

Unha señora sufriu importantes lesións por todo o corpo, pero esencialmente nos brazos e as pernas ao caerse na céntrica rúa Desiderio Varela de Carballo. Os feitos ocorreron ás 12 da mañá, nun primeiro momento foi auxiliada polos viandantes, que neses momentos eran moitos, que participaron no mercado deste xoves. A posteriori ao lugar acudiu a Policía Local e unha ambulancia do 061, que trasladou á ferida ao hospital.