Pasaban uns minutos das 7 da mañá deste domingo cando un particular contactaba coa central de Emerxencias Galicia para dar a voz de alarma de que na céntrica rúa carballesa Jacinto Amigo Lera, había unha persoa tirada. Enseguida acudiron ao lugar a Policía Local e a Garda Civil que localizaron o suceso á altura do número 4 da devandita rúa. Investígase que puido ocorrer, e indágase se presuntamente puidese precipitarse desde un dos pisos pola xanela e en que circunstancias. Un veciño da zona aseguraba que se trataba dun residente moi coñecido por estar vinculado á ONCE.
Ao fío do mediodía deste domingo púidose confirmar que así é, J.A. L. B. natural de Tordoia e vendedor habitual na carballesa rúa Desiderio Varela, sobre o que pesa un gran aprecio pola cidadanía, pola súa personalidade e tamén polo seu traballo, chegara a sorte da súa man en varias ocasións a Carballo (no mes de setembro do 2015 vendeu na localidade cinco cupóns con premio ás cinco cifras, agraciados con 35.000 euros cada un). Ao lugar na súa axuda acudiron tamén os servizos sanitarios que o evacuaron ao hospital con diversas contusións e politraumatismos.