Evacuada en helicóptero tras saírse da vía o vehículo no que viaxaba en Fisterra

1 minutes read

Os Bombeiros de Cee tiveron que cortar o vehículo para liberar á persoa do seu interior debido á posición tan complexa e inestable na que quedou, ao borde dun desnivel.

Os feitos ocorreron cando o turismo circulaba por unha pista que vai cara a praia do Rostro, en Hermedesuxo de Abaixo, no concello de Fisterra.

Debido ao aparatoso e gravidade que aparentaba o accidente, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou ata o lugar un helicóptero medicalizado, que trasladou a un dos  catro ocupantes, o copiloto,  do turismo. Segundo informaron os Bombeiros ao 112, tras rematar a súa intervención, as outras tres persoas asemellaban estar ben. 

Acudiron, nada mais ser alertados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.