Evacuada en helicóptero unha condutora atrapada nunha saída de vía en Boimorto

1 minutes read

Unha saída de vía dun turismo na estrada que une Boimorto e Orxal, á altura de Capela da Mota, obrigou a mobilizar un helicóptero para evacuar á súa condutora.

Como consecuencia do impacto, a única ocupante do turismo quedou atrapada no seu interior, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Arzúa para excarcerar á muller.

Ademais dos Bombeiros, ata o lugar do sinistro, tras ser alertados polo 112 Galicia, acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e un equipo médico á bordo da aeronave medicalizada con base en Santiago.

Así mesmo, solicitouse a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Cómpre sinalar que este operativo activouse despois de recibir no 112 Galicia a chamada de alerta dun veciño.