Evacuada en helicóptero unha persoa que sufriu unha indisposición en Muxía

1 minutes read

Minutos antes da unha da tarde deste venres un particular alertaba dunha persona inconsciente, en posible parada cardiorrespiratoria, na entrada das oficinas de Abanca en Muxía. A rápida intervención do axente da Policía Local (Álex), e un voluntario da agrupación local de Protección Civil, (Miguel), que prestaron os primeiros auxilios ao afectado, facendo a RCP con medios mecánicos (DESA), conseguiron estabilizar á vítima ata a chegada do persoal sanitario do centro de saúde e 061 Urxencias Sanitarias de Galicia.

Tras ser estabilizado o enfermo e valorado polos efectivos sanitarios, este foi evacuado polo equipo médico enviado ao lugar no helicóptero H3, ao Hospital clínico Universitario de Santiago para a súa avaliación.
No operativo interviñeron efectivos da Policía Local, 061 Urxencias Sanitarias de Galicia, persoal sanitario do Centro de Saúde, así como membros de Protección Civil de Muxía.