39
- O incidente produciuse arredor das 17:00 horas, e a vítima tivo que ser excarcerada polos bombeiros
Un home resultou ferido de consideración na tarde deste martes ao quedar atrapado baixo a fresa que manexaba nunha leira no lugar de Penalonga, en Mondariz. O incidente produciuse arredor das 17:00 horas.
Os GES e Bombeiros de Ponteareas e do Porriño encargáronse de excarcerar ao home que, finalmente, foi evacuado nun helicóptero medicalizado a un centro hospitalario.
No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea.