Evacuado o condutor dun tractor en Chantada tras sufrir un accidente

0 minutes read
  • Sucedeu ás 10:30 horas no lugar de Barrio, na parroquia de Muradelle

O condutor dun tractor tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado este sábado tras resultar ferido de consideración ao quedar atrapado baixo o vehículo despois de que este envorcara. Sucedeu ás 10:30 horas no lugar de Barrio, na parroquia de Muradelle, no concello lucense de Chantada.

Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Chantada para liberar a vítima, que foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Tamén interviñeron axentes da Garda Civil, da Policía Local e membros de Protección Civil de Chantada.