Evacuados 25 traballadores dunha empresa de Narón debido a un incendio

Google Maps

  • O lume foi provocado por unhas chispas que incendiaron caixas amontoadas

Un total de 25 operarios foron desaloxados dos seus postos de traballo durante a mañá deste xoves tras producirse un incendio na nave ao detectarse unha avaría eléctrica. Afortunadamente, ningún dos traballadores resultou ferido.

O suceso tivo lugar no Polígono de Río do Pozo, en Narón, arredor das 09:30 horas, segundo fontes do 112 Galicia.

Segundo os Bombeiros de Narón, o incendio produciuse nunha empresa de distribución, en cuxo interior había gran cantidade de caixas de cartón amontoadas que, por causa das chispas provocadas pola luminaria do teito que se soltara previamente, arderon.

Ata o lugar dos feitos tamén se trasladaron axentes da Policía Nacional e Local, así coma os servizos de emerxencias.

Related posts

Podemos Arteixo denuncia a falta de resposta do Goberno local tras máis dun ano solicitando as actas dos plenos

Controlan un incendio na comisaría da Policía Nacional de Santiago

A Deputación da Coruña reforza a rede pública de atención social nos concellos máis pequenos da provincia