- O expresidente manifestou que hai sectores do poder que van contra o triunfo indíxena
O expresidente de Bolivia deu a súa versión dos feitos sobre os acontecementos que están tendo lugar no país. Nunha entrevista ao portal Euronews, o expresidente manifesta que por agora non está nos seus plans volver presentarse a uns comicios.
Morales pediu a mediación internacional para comprobar que non houbo fraude nos comicios de outubro e responde ás acusacións contra el polos falecidos: “Tratan de terxiversar que eu fun o responsable destes mortos, pero o pobo sabe, o mundo coñece aos responsables de tanta a masacre. Que o pobo saiba, así é vivir na ditadura, así é vivir cun Goberno de dereitas.”
O primeiro presidente indíxena da historia de Bolivia tamén expuxo que hai grupos de poder que van contra o triunfo do movemento indíxena.