16
- O incidente tivo lugar na PO-315 sobre as 21:20 horas deste pasado venres
Unha muller resultou ferida este venres ao caer co seu coche por un desnivel duns tres metros mentres circulaba polo lugar de Bon de Abaixo, en Bueu.
Os feitos sucederon na PO-315, preto das 21:20 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do accidente ao 112 Galicia, quen activou un operativo no que foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Morrazo para excarcerar a vítima.
Tamén participaron persoal do 061, dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Morrazo e axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.