Excarcerado un ciclista tras quedar atrapado debaixo dun camión en Vilagarcía

0 minutes read
  • Ambos colidiron este venres na Rúa Pablo Picasso

Os Bombeiros de Vilagarcía liberaron a un ciclista este venres despois de que quedase atrapado debaixo dun camión ao colidir con el. A vítima tivo que ser trasladada ao Hospital do Salnés.

O incidente sucedeu ao fío das 12:30 horas na Rúa Pablo Picasso. No operativo tamén participaron os profesionais sanitarios do 061, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Vilagarcía.

Para garantir a seguridade na circulación viaria, desde o 112 Galicia pasouse avisou aos axentes da Policía Local.