Executada a limpeza do río Vilar en Vimianzo

1 minutes read

Estes traballos de mantemento estanse levando a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar de Cheis, na parroquia de  Bamiro (San Mamede).

As obras inclúen o desbroce de maleza das marxes, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.