Este sábado os asistentes ao Ecomuseo Forno do Forte de Buño puideron gozar da visita teatralizada “Onde nace o fume”. Logo da estrea do sábado pasado, númeroso público volveu a viaxar ata os anos corenta, acompañados por Carmela (Raquel Crespo) e Antón (Yago Espasandín), acercando o publico ao oficio dos oleiros, e a unha fermosa reflexión, sobre o oficio como xeito de vida, as intimidades do ser humano e camiño cara as nosas propias verdades. Pero se non puideches asistir, lembra que tes dúas oportunidades máis no mes de agosto, para poder gozar desta peza de Alalá teatro, escrita pola dramaturga Susana Crespo, será o sábado 13 de agosto ás 12:00 horas, e o sábado 20 de agosto tamén ás 12:00 horas. Cabe lembrar que esta é unha actividade de balde, apta para todos os públicos, e á que non é preciso inscribirse.
26