30
- A actividade estivo organizada polo Concello e a entidade limpOcean
A limpeza de residuos e plásticos realizada este sábado na praia de Beo, en Malpica, foi todo un éxito segundo sinalaron desde a concellaría de Obras Públicas e Medio Ambiente. Este departamento colaborou coa entidade limpOcean para recoller lixo mariño. O concelleiro Miguel Ángel Fernández Mirás destacou que as pequenas accións poden significar moito, polo que é importante tomar conciencia e mobilizarse.