O Concello de Ponteceso celebrou o éxito a II popular “Faro Roncudo. Corre por Ucraína”, disputada na vila de Corme e que contou con 183 inscritos.
Na carreira absoluta masculina o vencedor, Adrián Rojo Luaces, enfrontouse a máis de 122 corredores e corredoras que saíron da praza da Ribeira cara o Faro Roncudo e volta. Un percorrido de 6,2 quilómetros na que os participantes deron todo o seu potencial para chegar á meta. Na segunda praza situouse Carlos Añón Cean e na terceira Marcial Anibal Barca.
Na categoría absoluta feminina a vencedora foi Inés Papin Estévez en segunda posición: Apolonía Bermúdez Canosa e en terceira posición Natalia Rivas Suárez.
Os participantes de maior idade locales foron Jesús Ferreiro García e Celia Gómez Carabel. Jesús Ferreiro García tamén foi o de maior idade da categoría absoluta.
Posteriormente levouse a cabo a competición da categoría sub18 e sub17, sub14 e sub12. A xornada rematou cos participantes máis pequenos, inscritos na sub10 que correron cincocentos metros, mentres que os nenos e nenas de 8 anos completaron unha distancia de 200 metros. Nestas categorías todos os participantes recibiron como agasallo unas medallas.
Carreira solidaria
Un día de deporte que nesta segunda edición tiña un marcado carácter solidario xa que a recadación estivo destinada á poboación ucraína que está a sufrir as consecuencias da inxustificada invasión do seu país.
O Concello de Ponteceso celebra a alta participación na competición que contou co control técnico da Delegación da Coruña da Federación Galega de Atletismo. O rexedor Xosé Lois García Carballido sinalou que “é moi satisfactorio ver a resposta da xente ante este evento deportivo no que todos, participantes e espectadores gozamos”, ao tempo que destacou “os valores do deporte e o esforzo que estivo presente ao longo de toda a xornada e sempre é unha ensinanza para todos.
Do mesmo xeito Carballido agradeceu a colaboración das asistencias médicas e de seguridade, e o traballo desenvolvido por toda a organización e en especial a asociación Abellariza: “Grazas ao traballo previo e ao que hoxe vimos todos gozamos dun fermoso
día do deporte”.
18